miércoles, 24 de noviembre de 2010

ZOMBIS

Unha noite de outono de moito vento unha muller chamada Xulia empezou a escoitar ruídos moi estraños: Crac, auuuuuuu, plac, uuuuuu, miau… o derradeiro ruído non foi como os outros, este foi mais forte e con ruído rechíante, Xulia co medo, foi para a cama. Cando se ergueu foi a almorzar e cando chegou á cociña topouse coas ventás rotas, follas polo chan, castañas esparcilladas e ourizos cheos de sangue polas púas. Xulia moi aterrorizada chamou á policía. Ao chegar interrogáronma, pero non che puido dicir nada máis que os ruídos que escoitara, e a policía díxolle: - Señora non se preocupe pola casa. Ela dixo a continuación. -Como non me vou a preocupar se ma esnaquizaron toda .-Iso xa llo cubrirá o seguro, dixo o axente máis alto cun pequeno surriso.
Pola tarde foi a onde súa veciña Maruxa, petoulle a porta da casa pero ninguén saíu, así que marchou para a súa a ordenar aquela desfeita. Ao día seguinte volveu á casa de Maruxa pero esta vez viu oito castiñeiros rodeando a casa, ela puxo unha cara rara logo volveu petar a porta, ninguén saíu, así que deulle outra vez máis forte, de súpeto abriuse a porta e ela entrou para ver se estaba pero non a mirou así que foi mirar ao salón, alí viu todas as paredes pintadas con sangue, o máis raro e que todas puñan a mesma frase -Viva Satán deus dos infernos  Xulia chamou a policía.
Tres noites despois escoitou chíos dunha muller :
- Axudádeme o deus dos mortos vaime levar conda eles, axuda por deus.
Xulia vestiuse o máis rápido que puido, baixando as escaleiras por pouca cae, ao chegar á casa de Maruxa había unha estaca ao lado dos castiñeiros, cando entrou viu todo o salón pintado pero agora con outra frase: -Xulia ti serás a seguinte, hoxe a noite acompañarás a Maruxa. Ela o primeiro que fixo foi ir a casa do fillo de Maruxa a ver se estaba,ao chegar topouse co corpo de Maruxa e o seu fillo colgados do teito, nas vigas da casa había outra frase -11:45 Xulia unirase a nós .
Xulia mirou o seu reloxo e marcaba as 11:45, nese momento Maruxa e o seu fillo quitaron as cordas do pescozo, Xulia colleu as chaves do coche e dirixiuse á comisaría de policía; ao chegar douse de conta que todos eran zombis, soubo porque o policía que a atendera na súa casa xirara a cabeza e o seu corpo quedara mirando cara a diante e a súa cabeza cara atrás,e o máis raro, tiña un fígado de can entre os dentes, cando volveu acender o coche tiña enriba polo menos 6 ou sete zombis sen contar os gatos, cans, galiñas, paxaros e conexos. Xulia foi para a súa casa, polo camiño ía facendo derrapes nas curvas e trompos nas rotondas para desfacerse dos zombis, ao chegar non tiña ningún zombi, foi ao garaxe, colleu a escopeta do seu pai, tres cartuchos de balas, todas as botellas de plástico que tiña pola casa, unhas 10 latas de gasóleo de 5 litros que tiña reservadas para a máquina do sulfate, todas as sabas da cama, unha tixola e tres paquetes de mixtos e un mechero, cargou a pistol ,coas latas de gasóleo as sabas, as botellas de plástico as cerillas fabricou bombas, logo de fabricalas foi a súa mini biblioteca alí tiña toda a información sobre zombis; no libro poñía:
- Para acabar con os zombis debes matar ao seu creador.
Xulia non o pensou dúas veces, foi ao cuarto de baño, colleu o seu pintalabios de cor negro e fixo dúas raias en cada meixela, puxo o traxe da segunda guerra mundial. Foi ao garaxe para coller o seu coche pero alí estaba o fillo de Maruxa comendo o motor, Xulia díxolle :
- Ei ti monstruo, que lle fas ao meu coche.- E que non o ves .Dixo o zombi.- Oes quen e o teu creador. Dixo Xulia.- E a ti que che importa.
Xulia apuntouno coa escopeta e díxolle :
-Dimo ou mátote.- E Satán o deus dos infernos.- E onde se atopa !!!.- Rápido non teño toda a noite .- Na carnicería, tiña gañas de tripas de porco. -Grazas pola información monstruo.
Logo deulle un tiro onde máis doe, como non tiña coche tivo que ir a pe, Xulia parecía Rambo ,solo que na segunda guerra mundial xa que saltaban zombis como auga cando chove, xa que as bombas eran bastante boas.
Ao chegar a carnicería viu a Satán non comer tripas de porco, si non cabezas de galos, fígado cru e o máis asqueroso, ollos de porco en escabeche.Cando o deus dos infernos a viu limpou a sangue da boca coa lingua e díxolle :
-Xulia, Xulia, Xulia voute matar .
E así foi o que pensou despois de tirarlle un peteiro de galo ao corazón pero salvouna o cartucho de balas, houbo unha pelexa de tres días pero ao final gañou Xulia , cortándolle a lingua ao parecer era o seu punto débil,desde aquel día Xulia e militar.

1 comentario: